16 abril 2012

A Academia Galega sofrirá o maior dos recortes presupostarios previstos para as institucións culturais

Foi o ano pasado, no 2011, cando por primeira vez os presupostos xerais do Estado incluíron unha partida específica para o mantemento da Real Academia Galega (RAG) da lingua. Así foi aprobado pola maioría do Congreso na lei de presupostos que presentou e negociou o PSOE cos demáis grupos parlamentares.
A decisión rematou coa discriminación que estaba a sofrir o galego, pois as academias catalana e vasca xa tiñan asignacións presupostarias desde facía dez anos, en tanto a RAG tiña que solicitar caridade...
A ledicia ten durado ben pouco.
Nos presupostos para este ano aprobados polo Goberno de Rajoy, a asignación á RAG redúcese un 62 %, pois do millón de euros no 2011 pasará aos 380.840 do 2012. Doutra banda, por razóns que o PP non ten precisadas, as partidas previstas para as entidades catalana e vasca, o Institut d'Estudis Cataláns e a Eusko Ikaskuntza, sofrirán recortes de só un 22 %.
De feito, a RAG será vítima da maior das reducións previstas polo Goberno central para calquera das institucións de rango e cometidos similares aos que ten a que preside Xosé Luís Méndez Ferrín
¿Será outro éxito da boa relación que mantén o presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo (PP), co seu irmán de partido Mariano Rajoy?
..
MÁIS, en Europa Press.
HAI SEIS DÍAS, segundo informou Europa Press: "Feijoo ofrece a la RAG su máxima colaboración en la celebración del 17 de mayo" (Días das Letras Galegas).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.