18 diciembre 2011

Aínda que moitos o desexan, o acto que onte protagonizou Beiras non foi o da súa xubilación

Onte, no Auditorio de Galicia, un milleiro de galegos rendiron merecida homenaxe a Xosé Manuel Beiras Torrado, líder de Encontro Irmandiño, un dos grupos integrados no BNG.
Aínda que algúns están a interpretar o acto como a xubilación de quen hoxe é --sen discusións-- o mellor representante do galeguismo político, el referiuse de xeito implícito a esa posibilidade e o fixo coa claridade que lle caracteriza: «Eu estarei nesa loita con vós, nun proxecto común de toda a sociedade galega, agás os poderes oligárquicos... E nesa loita estarei sempre, mentres teña ánimo».
E o ten. E boa falta fai que os beiras manteñan a súa actitude pois na Galicia do século XXI segue adiante a destruzón do país e milleiros de  xóvenes marchan para mirar adiante...
A crónica que ten publicada GALICIA CONFIDENCIAL sobre o acto inclúe un parágrafo que resume o esencial da mesaxe que trasladou Beiras aos asistentes e aos ausentes: 
«A pesar da súa aparente racionalidade e a pesar de non querer dar un mitin, triunfou o Beiras sentimental e o Beiras político. E ante unha situación difícil do nacionalismo --el mesmo dixo que marcharía do BNG se a finais de xaneiro non se refunda-- reclamou a recuperación do espírito da fraternidade e irmandade que mantiveron sempre as Irmandades dá Fala e o galeguismo histórico para facer fronte ao poder fascista».
Beiras non sabe vivir por riba da realidade, razón pola que aludiu á situación interna do Bloque Nacionalista Galego (BNG) para asinar a súa receita, que redactou con catro palabras de Castelao: «Hai sitio para todos».
Coa finalidade de reforzar a súa mesaxe, Beiras lembrou as cartas que cruzaron o seu pai e galeguistas como Otero Pedrayo e Carballo Calero para subliñar: «Eles, a pesar das súas diferenzas, eran irmáns».
LIGAZÓNS ás crónicas da homenaxe de GALICIA CONFIDENCIAL TEMPOS DIXITAL.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.